Saturday 04 de May de 2024

Arrancan as obras de urbanización de Martín Códax


Recorda que custou moito tempo desbloquear este proxecto urbanizador xa que houbo que executar eses avais e contratar un novo proxecto técnico para poder realizar a obra

Comezan as obras de urbanización da rúa Martín Códax no Tempero. O alcalde de Cambre, Manuel Rivas, asegura que o aval das empresas construtoras se executou o pasado 30 de decembro e grazas a esa partida económica estanse a levar a cabo as obras. Recorda que custou moito tempo desbloquear este proxecto urbanizador xa que houbo que executar eses avais e contratar un novo proxecto técnico para poder realizar a obra. As promotoras no seu día levantaron os edificios, pero deixaron a rúa sen urbanizar, ata o punto que parte desa rúa carece de asfalto. Rivas insiste en que dende que chegou á alcaldía entendeu este problema como prioritario e sostén que se empeñou en desbloquealo dende a súa chegada ao goberno e anuncia que os froitos dese traballo se verán nos próximos meses. “Había que coñecer o estado dos avais e executalos, cousa que fixemos en 2013, logo realizar un proxecto novo de urbanización e agora contratalo. Foron trámites que se alongaron no tempo, pero hai que ser consciente de que o concellovai facer unha obra que non lle correspondería facer e agora fai para mellorar a accesibilidade e o benestar dos veciños, de forma subsidiaria,” apunta Rivas. Trátase en todo caso dun problema herdado do anterior goberno municipal, que dende 2008 non executou eses avais para rematar a obra de forma subsidiaria. As obras estarán acabadas antes do período do Nadal.